Isto non é AMOR

Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, alumnado de 4º de ESO D realizou unha peza audiovisual para denunciar unha situación que se repite de maneira permanente na nosa sociedade.

O vídeo titulado ISTO NON É AMOR incide na necesidade de reflexionar sobre unha serie de actitudes e comportamentos que se están a producir entre os adolescentes e a previr situacións que, de non deterse, poden dar lugar a casos de violencia graves.

A idea nace a partir do visionado  do documental A escaleira do maltrato adolescente que está dispoñible na plataforma de RTVE Playz ou na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=OsRf-GtfrLg onde recoñecemos actitudes machistas e de control que se dan entre a mocidade.
Inspirados tamén na Escaleira da violencia de xénero na adolescencia da socióloga Carmen Ruíz Repullo, primeiro escribimos en cada un dos chanzos da escaleira do instituto algunhas das frases que relacionamos coa violencia entre a mocidade para sensibilizar ao resto do alumnado e esas mesmas frases, con algunhas adaptacións son as que empregamos no vídeo. 

 

Comentarios

Publicacións populares