Montaxe da Exposición de Mulleres Científicas galardoadas co Premio Mª Josefa Wonenburguer Planells

 O pasado xoves 15 de decembro, o alumnado de 4º PDC colaborou na montaxe dos 19 rollers da exposición itinerante prestada dentro do desenrolo do cContrato-Programa "Donas de si" no noso centro.


A exposición ten por título "Mulleres Científicas Galardoadas co Premio Mª Josefa Wonenburguer Planells", e nela recóllese unha pequena biografía e fitos máis importantes dunha serie de mulleres científicas da nosa comunidade.

A montaxe da exposición realizouse en diferentes espazos do noso centro, como a entrada do mesmo e o pasillo das aulas superiores. Ata o día 29 de febreiro o alumnado puido ler e descubrir o traballo de mulleres que a día de hoxe seguen exercendo a súa actividade investigadora, todas elas baixo o paraugas da singular Mª Josefa Wonenburguer, matemática galega xa falecida que da nome á exposición.

Esperamos que todo o noso alumnado puidera desfrutar e inspirarse nas achegas de todas estas mulleres, pois con esta exposición celebramos tamén o "Día internacional da muller e da nena na ciencia", que tivo lugar o 11 de febreiro.

Moitas gracias de novo ao alumnado de 4º de PDC, que sempre colaboran e axudan en todo canto se lles propón.


Comentarios

Publicacións populares