Falando de mulleres científicas en 1º ESO B
O alumnado de 1º B desde a materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo sobre diferentes mulleres científicas. O traballo constaba de varias partes:
Na primeira das partes, o alumnado debía buscar o nome de 3 mulleres científicas e asocialas co ámbito da ciencia onde desenvolveron a súa labor (matemáticas, física, bioloxía, astronomía, investigación, divulgación....)
Na segunda parte, a profesora responsable do grupo, María Moares, asignaba a cada alumno e alumna unha delas para realizar o traballo.
Terceira parte, consistía na realización do traballo, para o cal debían seguir un guión que estaba a súa disposición na aula virtual e que previamente foi explicado na aula.
Cuarta parte, breve exposición na aula sobre a científica en cuestión.


Comentarios
Publicar un comentario