Zapatos Vermellos. Día Internacional contra a violencia de xénero

Elina Chauvet é unha artista multidisciplinar mexicana que alá polo ano 2009 realizou unha instalación de arte urbana en Ciudad Juárez (México) na honra da súa irmá, unha vítima de feminicidio. Colocou 33 pares de zapatos vermellos, un diante do outro e aparentaban unha camiñada. A artista explicou en 2014 que optou por utilizar os zapatos dado que usualmente é o que queda das vítimas, ademais de que lle pareceu unha forma interesante de relacionarse e honrar á súa irmá que coincidentemente utilizaba o mesmo número de calzado que ela.

A partir dese momento, os zapatos vermellos deron a volta ao mundo e foron moitas as cidades e capitais que realizaron esta actividade para denunciar a violencia contra as mulleres cada 25 de novembro.

 

Dende o instituto decidimos este ano intervir dende a arte e mandar unha mensaxe de repulsa ante a violencia machista e ao tempo  facer partícipe á veciñanza colocando cada un deses pares no paseo de Baltar en Portonovo.

Inicialmente contámoslle ao alumnado a idea, cal foi a orixe da iniciativa, o significado da mesma e pedímoslle  que trouxesen calzado feminino para nós pintármolos. 

Durante as semanas previas e nos ocos que puidemos ir arranxando estivemos a pintalos e o día previo da celebración baixamos a colocalos buscando un emprazamento axeitado.


A actividade tivo unha acollida fantástica tanto entre o alumnado e as familias que dende o primeiro momento colaboraron con máis dun cento de pares doados; como dende a concellería de igualdade e servizos sociais do concello de Sanxenxo. 

Tamén a repercusión nos medios de comunicación non puido ser do máis positiva e foron moitos os xornais tanto na edición en papel coma dixital que se fixeron eco da noticia.

https://pontevedraviva.com/xeral/99843/zapatos-rojos-paseo-baltar-ies-sanxenxo-pabellon-vilalonga/?lang=es

https://www.diariodosalnes.es/articulo/sanxenxo/instituto-llena-zapatos-rojos-paseo-baltar-violencia-machista/20231123192223016358.html

https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/o-salnes/instituto-chea-zapatos-vermellos-paseo-baltar-violencia-machista/202311241245581280689.html

https://www.diariodearousa.com/articulo/o-salnes/alumnos-ies-sanxenxo-realizan-intervencion-artistica-paseo-baltar-25-n-4626475



 

Comentarios

Publicacións populares