Falando de mulleres referentes en francés

O alumnado de 4º da ESO de francés tiña que facer unha presentación oral, o único requisito era que a persoa escollida fose unha muller, porque esta actividade pertencía ao proxecto Donas de si. As mulleres escollidas foron de diversos ámbitos: da vida social, cultural, científica ou literaria, como Rosalía de Castro, Concha Velasco, María Pombo, a raíña Letizia ou Marie Curie. Tamén houbo unha alumna que escolleu a unha muller do seu ámbito familiar e expresou a súa admiración por ela, falando da súa nai. Como mostra temos alguna foto do entregado, xa que aínda que a actividade era oral, algúns apoiaron o seu audio con power points ou imaxes das mulleres escollidas.








Comentarios

Publicacións populares