Portonovo con nome de muller

Celebramos o 8 de marzo cunha actividade que consistiu en facer un rueiro alternativo de Portonovo e bautizamos algunhas das nosas rúas con nomes de mulleres galegas sobranceiras ao longo da historia e que triunfaron en innumerables eidos; indo do mundo das matemáticas, da bioloxía, ata o da arte ou da canción.


Inicialmente pensamos en buscar información das mulleres que conforman os nomes das rúas, paseos e avenidas do concello de Sanxenxo e démonos de conta que practicamente non había. Por ese motivo decidimos facer unhas placas alternativas co nome de mulleres galegas que pola súa vida, traxectoria e traballo son merecentes desta homenaxe. Para dálas a coñecer entre a cidadanía inserimos un código QR para así poder descargar  información sobre elas dende un teléfono móbil.



Algunhas das mulleres que quixemos que formasen parte do noso rueiro 8M foron: Exeria, Ángeles Alvariño, Ana Kiro, Carolina Otero, María Casares, Maruja Mallo, Isabel Zendal, as irmás Jimena e Elisa Fernández de la Vega, Concepción Arenal, Isabel Barreto, Mª Luz Morales e Mª Antonia Sanjurjo.


Podes acceder e descargar a información que figura no QR clicando AQUÍ.





Comentarios

Publicacións populares