Visita de mulleres traballadoras no servizo de Axuda no Fogar do Concello de Sanxenxo

 Como estamos a acercarnos cada vez máis a unha data moi sinalada, como é o 8M, día internacional da Muller Traballadora, no IES de Sanxenxo comezamos xa a organizar actividades para conmemoralo.

A primeira visita que tivemos estivo a cargo de 5 mulleres que pertencen ao servicio de Axuda no Fogar do Concello de Sanxenxo. Trátase de Paula, Ana, Rocío, Yolanda e Maite.


O martes pola tarde, todo o alumnado de 3º da ESO estivo presente nas dúas charlas que impartiron na biblioteca do noso IES. Nestes encontros, estas cinco mulleres faláronlle ao alumnado do seu traballo, en que consistía e que cousas positivas e negativas vían nel. Tamén recordaron os momentos da pandemia pola COVID, na cal tiveron que seguir desempeñando as súas funcións moitas veces cuns medios de protección demasiado artesanais.
Falaron tamén da importancia de visitar aos avós e ás avoas, e a todas as persoas maiores que poidan estar ao noso redor, pois sobre todo manifestaron que hai moita xente que ten moita soidade no seu día a día.
Na xornada tamén nos acompañou Paz Lago, concelleira de Servicios Sociais e Maiores do Concello de Sanxenxo.


Esta xornada foi moi ben recibida polo alumnado do centro, que ainda que non foi moi participador na mesma, en días posteriores amosou a súa satisfacción por terse celebrado.
Para as traballadoras do servizo de Axuda no Fogar, era a súa primeira experiencia falando en público dos seus traballos, pero ao final da sesión confesaron a súa vontade de volver a repetir a experiencia en anos posteriores, pois comentaban que para elas tamén fora unha experiencia moi positiva.
Seguimos aprendendo e valorando o traballo de tantas e tantas mulleres da nosa contorna que fan unha labor totalmente impagable.


Comentarios

Publicacións populares