Visita de Rocío Leira

 Nestas semanas non deixamos de recibir a visita de mulleres que nos veñen a contar a que se dedican para que poidamos coñecer un pouco como é o seu traballo.

Nesta ocasión, o mércores 28 de febreiro tivemos a visita de Rocío Leira, matemática e escritora autora de varios títulos de literatura xuvenil e de adultos, entre os que destacan as obras "Trescatrocedezaseis", título co cal a autora quedou finalista no XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, e "Cicuta para dous", título co cal a autora gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil no ano 2022.


Na biblioteca congregouse alumnado do noso centro de 1º, 2º e 3º da ESO que leran algunha das dúas obras antes mencionadas. Rocío explicoulle ao alumnado cal era o fio conductor de cada unha das historias, e por que cada un deles lle parecía importante.
Ao final o alumnado tivo a oportunidade de formularlle algunhas cuestións sobre as súas obras, e tamén a posibilidade de ofrecerlle algunha crítica das mesmas, tanto positiva como negativa. A autora manifestou que estas últimas lle parecían moi importantes, pois lle axudaban a mellorar para futuras historias.
Agradecemos moito a visita de Rocío ao noso centro, coa cal seguimos conmemorando o 8M,  e agardamos que para ela tamén fora unha experiencia enriquecedora.


Comentarios

Publicacións populares