Exposición fotográfica sobre mulleres do Concello de Sanxenxo

Durante o mes de abril poderemos disfrutar, nas paredes da entrada do instituto, dunha exposición fotográfica realizada polo Concello de Sanxenxo e que nos foi prestada a través do CIM, na que se retratan a distintas mulleres do Concello para dar a coñecer o seu traballo.






Trátase dun total de 30 fotografías, nas que podemos ver desde médicos, carteiras, profesoras, cociñeiras, taxistas ou policías. Entre tantas imaxes atopamos as caras de algunhas exalumnas do noso centro así como familiares tanto de alumnado actual como de alumnado pasado.






Moitas gracias ao CIM do Concello de Sanxenxo por termos prestado esta exposición que xa está despertando as miradas do noso alumnado en busca de caras coñecidas e tamén, esperemos, de inspiración para metas futuras.

Comentarios

Publicacións populares