O alumnado de Lingua e Literatura Galega de 1º e 2º da ESO participa no proxecto “Donas de si”
As alumnas e alumnos presentaron unha exposición oral en grupo.
En 1º realizaron unha entrevista a unha muller galega destacada na nosa historia, como se formase parte dun programa de televisión ou radio extraído da máquina do tempo.
En 2º da ESO, como monologuistas ou contacontos, fixéronse pasar polas protagonistas galegas actuais.
Apoiáronse nun guión na pantalla dixital e introduciron a miúdo voces en off para engadir comentarios sobre a traxectoria da invitada, vídeos, fotos, películas baseadas nas súas vidas, etc.
Nalgúns casos viñeron disfrazadas/os ou caracterizadas/os, co que conseguiron sorprendernos e animaron máis a posta en escena achegando un maior realismo, mesmo con atrezo!
Achegáronse deste xeito a mulleres de moi distintos eidos: deportistas, pintoras, científicas, bailarinas, cantantes, bandoleiras, escritoras...
Co bo facer do alumnado redescubrimos a relevancia destas mulleres. Un paso máis para reivindicarmos a súa visibilización!
EXPOSICIÓNS ORAIS – PROXECTO “DONAS DE SI”. Curso 2023-24
1º A
A Bella Otero. Alba e Clara
Ana Kiro: Luís e Xoán
Pepa a Loba: Irene, Natalia e Dasha
Rosalía de Castro: Lucía e Leire
Sofía Casanova: Marcos Fontán e Amu
1º B
Mª Wonenburguer Planells: Aitor, Paula, María
Mª Barbeito Cerviño: Nerea, Ángel e Mateo
Sofía Casanova: Zulema, Antonio e Alexa
1º C
Mª Casares: Eloy, Matías e Álvaro
Rosalía: Leo, Yago e Bryan
Maruxa Mallo: Antía, Sophia
Carolina Otero: Aldara e Aroa
Sofía Casanova: Isaac e Santi
2º A
Teresa Portela: Pablo, Sergio e Adrián Morales
Ana Peleteiro: Lola
Mª José Alonso: Claudia, Triana e Sofía
Tanxugueiras: Yara Sanmartín, Ángela Rocha
Chus Lago: Jorge e Liberto
Mercedes Peón: Alberto e Vallejo
Vero Boquete: Rodrigo e David
Melania Cruz: Uxía, Míkel e Brais
2º C
Ana Peleteiro: Yara, Ángela e Virginia // Samuel, Torres, Diego e Manu
Mª Castro: Valeria, Sara e Diana
Teresa Portela: Uhía e Alex
Vero Boquete: Fran, Lucas, Brais, Aarón
Marta Brañas: Silvia, Ingrid e Laura
Comentarios
Publicar un comentario