O alumnado de Lingua e Literatura Galega de 2º ESO B participa no proxecto "Donas de si"

O alumnado de Lingua e Literatura Galega de 2º ESO B participou no proxecto  “Donas de si”presentando unha exposición oral sobre mulleres relevantes na nosa historia alternando distintos métodos para achegarnos a información. 

Nalgúns casos realizaron unha entrevista a unha muller galega destacada  como se formase parte dun programa de TV ou de radio. 

MELA CASAL


Outro grupo de alumnos, actuou como monologuista ou contacontos e fixéronse pasar polas protagonistas galegas actuais. 

 

Mª JOSÉ ALONSO


Apoiándose dun guión e introducindo a miúdo voces en off para engadir comentarios sobre a traxectoria da invitada, vídeos, fotos, películas nas que actuaron… 

Achegáronse deste xeito a mulleres de moi distintos eidos: deportistas, pintoras, cantantes, científicas, escritoras… 

AS TANXUGUEIRAS: 

EMMA LUSTRES


Grazas ó seu traballo descubrimos a participación de mulleres galegas no desenvolvemento da sociedade actual, de xeito que se visibilice o seu papel en distintos eidos e poder recoñecer a importancia das súas achegas á innovación cultural, científica e intelectual

Comentarios

Publicacións populares