Actividades do alumnado de 1º e 4º da ESO dentro da materia de Lingua Galega e Literatura
Durante este curso lévaronse a cabo diferentes actividades por parte do profesorado do Departamento de Lingua galega e literatura integradas no proxecto Donas de si en distintos cursos:
1ºESO:
-Exposicións orais na 2ª avaliación sobre mulleres galegas destacadas ao longo da historia. Así, o alumnado de 1º elixiu personaxes de grande relevancia de diferentes épocas e condicións, que van dende  a época medieval  como a raíña Inés de Castro (séc. XIV), á heroína  María Pita  do séc. XVII; poetas como Rosalía de Castro (séc. XIX); deportistas contemporáneas que abren camiño no ámbito futbolístico como Irene González Basanta, Vero Boquete e Teresa Abelleira, ou no piragüismo, como Teresa Portela. Tamén como non, conectando coa temática da Semana cultural deste curso dedicado ao cine, elixiron actrices e produtoras de cine como Emma Lustres, artistas como As Tanxugueiras e comunicadoras a prol do galego como Esther Estévez,….   
-Cómic ou banda deseñada na 3ª avaliación sobre a autora á que se lle dedican este ano as Letras galegas: Luísa Villalta. Trataron aspectos relacionados sobre todo coa súa traxectoria vital e  a súa obra, centrándose fundamentalmente na súa obra poética e na súa paixón pola música. É interesante sinalar que é a sexta muller nas 61 edicións desta celebración.
4ºESO:
-Lecturas de escritoras galegas destacadas da literatura xuvenil e encontros con estas auroras na 2ª avaliación:
·      Eva Mejuto (oriúnda de Sanxenxo) coa súa obra Memoria do Silencio. Novela baseada en feitos reais durante a época franquista, cuxas protagonistas son tres mulleres irmáns que axudan, a través dunha rede clandestina, a persoas xudías perseguidas polos nazis, para que cheguen a Portugal e consigan abandonar Europa para salvarse. Unha desas mulleres xudías que logran salvar a súa vida é Frieda.
Está historia permaneceu oculta moito tempo debido ao medo ás represalias e que por fin saíu á luz para dar un merecido recoñecemento ao labor levado a cabo por estas grandes mulleres nunha época tan complexa.
·      Andrea Maceiras coas súas obras Europa Express e O que sei do silencio.Esta última é unha historia inspirada nun suceso real con protagonista feminina que conta como se converte en testemuño dun acoso e ao mesmo tempo en acosadora pasiva dunha rapaza inocente.













Comentarios
Publicar un comentario