Alumnado de 1º e 3º da ESO fala de mulleres en inglés

Durante o curso escolar 2023-2024, e dentro do Plan Proxecta - Donas de si, realizamos como parte da materia de inglés traballos e exposicións orais que tiñan como foco de atención os logros de diversas mulleres ao longo da historia.

Ditos logros víronse, na maioría dos casos, desprezados e mesmo ignorados no momento en que tiveron, e mesmo hoxe en día son en gran parte descoñecidos pola xente. O motivo deste escurantismo non é outro que o xénero das persoas que os acadaron. Por isto é polo que, dentro do Plan Proxecta - Donas de si, animouse ao estudantado a afondar nos éxitos obtidos por mulleres que loitaron na súa época contra as regras impostas por un patriarcado que lles impedía acceder ás mesmas oportunidades que aos seus colegas masculinos.

As exposición orais incorporáronse dentro da programación dos distintos cursos da seguinte maneira:

1ºA e B: 3º avaliación e 3º A, B e C: 1º avaliación

DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES 3º ESO:

"GREAT ACHIEVEMENTS BY WOMEN"

Fálame dun gran logro por parte dunha muller. Non ten por que ser unha persoa famosa, tamén pode ser calquera outra que coñezas ou da que oíses falar (morta ou viva).

Podedes traballar en parellas ou individualmente. Deberá, polo menos comprender a seguinte información:

        -Nome, lugar e data de nacemento.

        -Antecedentes familiares.

        -Contexto histórico.

        -O seu logro e por que foi importante no seu momento.

        -A túa opinión e sentimentos ao respecto.

Non esquezas incluir estruturas gramaticais axeitadas e vocabulario como:

        -Tempos verbais no pasado.

        -Expresións do tempo.

        -Conectores.

Tempo de fala: 2-3 minutos por persoa.


DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES 

1º ESO

“YES, WOMEN CAN!”

En esta avaliación tedes que falar dunha muller (famosa ou non) que acadase un logro importante a pesar do seu xénero.

A información dada debe responder, polo menos, ás seguintes preguntas: 

✓ Nome, lugar e data de nacemento.

✓ A súa familia.

✓ Contexto histórico.

✓ O seu logro e por que foi importante no seu momento.

✓ A túa opinión e sentimentos ao respecto.

Ademais, deberá incluir:

        -Estruturas gramaticais axeitadas, vocabulario e conectores.

        -Dispositivas/Imaxes.

        -Linguaxe non verbal axeitado.

Tempo de fala: 1-2 minutos por persoa.

Comentarios

Publicacións populares