Tabú mulleres científicas
O alumnado de 3º ESO A e 3º ESO B de Física e Química realizou un pequeno xogo, o tabú, sobre unha serie de mulleres científicas galegas actuais.
Para iso, aproveitaron unha exposición que tiñamos no centro sobre elas para recadar información e escoller a que máis lles gustase segundo a súa traxectoria. A continuación, realizaronn un pequeno traballo sobre a súa vida, estudos realizados, campo de investigación e recoñecementos (ou non) que tiveran ao longo da súa vida.
Finalmente, elaboraron unha pequena tarxeta a modo tabú na que tiña que aparecer unha foto de dita científica e 5 palabras que, á hora de describila no xogo, non se puidesen decir pois resultaban chave para a súa descripción.
Esta actividade non só permite achegar á ciencia ao alumnado, senón coñecer a presenza feminina neste ámbito, así coma ser partícipes na avaliación das súas propias producións ao tentar xogar, comprobando se estaban ben definidas as tarxetas.
Comentarios
Publicar un comentario