Historia da arte con nome de muller

 O papel da muller na Historia da Arte, como en tantas outas facetas da vida cultural, quedou sempre relegado a un segundo plano. Podían ser modelos, podían posar espidas, pero non podían ser a man executora ou, se o eran, moitas veces non recibían o crédito debido. Son poucas as mulleres que antes da época contemporánea chegasen con certo recoñecemento aos nosos días. Temos a Sofonisba Anguissola, Artemisia Gentileschi, Clara Peteers ou Judith Leyster, pero na época contemporánea, e con máis forza desde o Impresionismo, xa haberá artistas destacadas que, cunha sensibilidade especial, farán grandes aportacións á Historia da Arte. 

Na materia de Xeografía e Historia de 4º da ESO non se pode profundizar demasiado, pero polo menos coñecen e identifican co seu nome, estilo, cronoloxía e autoría obras senlleiras de Berthe Morisot, Marie Cassat, Camille Claudel, Maruja Mallo, Frida Kalho, Louise Bourgeois, Jeanne-Claude, Cindy Sherman, Marina Abramovic ou Yayoi Kusama. Son moitas máis as que deberían estar nesta lista, pero a magnitude do temario da materia non dá moito marxe para poder ampliar contidos. En calquera caso, as obras xeraron debate e abriron ao alumnado a novas visións artísticas, incidindo na importancia da muller na arte e no necesario que é que a súa voz se escoite e se respecte no discurso cultural da nosa sociedade.




















Comentarios

Publicacións populares