Proxecto Donas de si: Educación en Valores Cívicos e Éticos (3º de ESO)

Como parte do proxecto “Donas de si” para integrar a educación nos valores de igualdade e fraternidade na unidade didáctica referente a discriminación e minorías, tratamos formas de discriminación como o racismo ou o machismo; asemade se fixo unha valoración do papel social dos movementos que intentan acadar a igualdade real e acabar con estas formas de discriminación como o antirracismo ou o feminismo. 

Como proxecto posterior un grupo de alumnas elaborou un memorial coa intención de reflectir o racismo á islamofobia e apoiar as loitas das mulleres que sofren estas realidades. Neste caso consistente nunha caveira vestida cun velo islámico e frases referentes a todo isto que a nai dunha delas escoitara ao longo da súa vida. Posteriormente o proxecto foi presentado ao resto da clase e analizado seguindo unha ficha.



Comentarios

Publicacións populares