Celebrando o día da muller e a nena na ciencia

O venres 1 de marzo tivemos a sorte de contar con 6 mulleres científicas que se adican a investigación, todas elas nadas no Concello de Sanxenxo, e mesmo algunhas exalumnas do noso centro, para deleitarnos coa charla á que lle deron título "A ciencia si é cousa de nenas". Con esta charla continuamos a conmemoración tanto do día da muller e nena na ciencia (11F) como do día da muller traballadora (8M).

O alumnado de 4º da ESO que cursa o itinerario de ciencias e o alumnado de 4º de PDC, que cursa a materia do ámbito científico-tecnolóxico, déronse cita na biblioteca para escoitar todo o que estas 6 mulleres lles tiñan que contar.


Con nós estiveron Laura Arosa, investigadora predoutoral no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) e natural da parroquia da Adina; Sandra Moraña, tamén investigadora predoutoral no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) e natural da parroquia de San Esteban de Noalla; Lara Troncoso, investigadora pedoutoral no Centro de Investigación en Biomateriais (CIC biomagune) e natural da parroquia de Vilalonga; Eva González, radiofísico interno residente no CHUS que foi galardoada coa mención de Muller Inspiradora do Concello de Sanxenxo no ano 2023 e natural da parroquia de Vilalonga; Sara Martínez, médico interino residente na especialidade de Medicina de Familia e Comunitaria no CHUAC e natural de Montalvo e Claudia López, enxeñeira industrial que actualmente traballa nunha empresa de implantoloxía veterinaria (BETAImpants) e natural de Portonovo.
Na súa charla, faláronnos da invisibilización das mulleres na ciencia ao longo da historia, das dificultades atopadas para acceder á carreira científica e da falta de recoñecemento dos seus logros e descubrimentos.
Tamén nos falaron das súas propias investigacións, contáronnos cal é o traballo que están a desenvolver hoxe en día e recordáronlle ao alumnado que non hai que ter medo a equivocarse e incluso a cambiar de obxectivo se o que estamos a facer non nos enche por completo.
Dende logo unha xornada que nos permitiu coñecer un pouco máis acerca das mulleres científicas que permitiron que a ciencia avanzase nos últimos dous séculos ademais de coñecer as investigacións que mulleres da nosa contorna cercana están a realizar na actualidade.
Moitísimas gracias ás seis por ter vido ao noso centro, de seguro que o noso alumnado, ainda que non formulara moitas preguntas, quedou moi impresionado e inspirado polas vosas historias.



Comentarios

Publicacións populares